ConcellosÚltima hora

O modisto vianés Jorge De Álvarez viste á presentadora das badaladas de Fin de Ano na TVG

Jorge Álvarez con Noelia Rey.

 

Hai apenas dúas semanas anunciabamos que Jorge De Álvarez vestira a Agoney, un dos candidatos para representar a España en Eurovisión 2023, adiantando que o modisto vianés está traballando xa en novos proxectos que empezarán a verse xa en fin de ano.

E hoxe precisamente dábase a coñecer que tamén vestirá á presentadora das badaladas na TVG, Noelia Rey. Anunciábao na propia Televisión de Galicia, no programa ‘A Revista’ onde, sen dar demasiados datos, deixaba algunha pista sobre o deseño.

 

O modisto vianés, Jorge Álvarez, en ‘A Revista’ da TVG.

 

“Non se sabe se é un vestido ou un traxe, é sorpresa, pero si podo dicir que ten moito brillo e algunha transparencia. Vai sorprender”, asegura Jorge.

Igual que o dunha noiva, o traxe da presentadora das badaladas de Fin de Ano é un dos segredos mellor gardados. Para descubrir que ideou Jorge para a ocasión, haberá que ver a despedida do ano dende o Obradoiro, na TVG.

Artigos relacionados

Back to top button