DeportesMotociclismoÚltima horaVídeos

O monfortino Eduardo Iglesias comeza o seu terceiro Rallye Dakar en moto

 

Co prólogo, unha etapa curta de tan só 20 km, arrancaba na xornada deste sábado 1 de decembro o Dakar 2022, o rallye raid máis duro do mundo no que participa por terceiro ano consecutivo o piloto monfortino Eduardo Iglesias Sánchez do Team Monforte Rally.

Hoxe ao lucense perxudicoulle a orde de saída na prologo, por orde de dorsal, polo que saía dos últimos e moi cerca dos top así que pronto tivo o po na súa contra facéndolle perder posicións. Ao final lograba a posición 116 para mañá, domingo 2 de xaneiro, na etapa 1B Hail-Hail – Enlace: 181 km – Especial: 333.

O norte de Arabia Saudita ofrece paisaxes montañosas que contribúen aos contrastes no percorrido do Dakar. A area fai acto de presenza, aínda que nesta etapa aínda será principalmente en forma de pistas. En calquera caso, non faltarán as dificultades de navegación características do país. Os pilotos entrarán enseguida en materia: nada de tomarse liberdades co road- book, debido a que se verán penalizadas con sancións.

Fotos e vídeos: Team Monforte Rally.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button