Ao mundo das emerxencias achegarase a vindeira fin de semana o público a través dunha interesante conferencia en Verín. O sábado 16 de outubro, ás 18:00 horas, o Auditorio Municipal acollerá a charla “112 desde cero” impartida por Brais Quintairos, enfermeiro do Summa 112. Esta actividade busca achegar aos asistentes ao ámbito das emerxencias a través dun relatorio ameno e cercano.
“Nunha sociedade na que os primeiros auxilios seguen sen incluírse nos niveis de educación obrigatoria, nesta conferencia intentarase proporcionar ao público as ferramentas básicas para actuar en situacións de risco vital. Adoitamos pensar que este tipo de eventos sempre acontecen nun hospital, rodeados de sanitarios e cos medios necesarios; pero case nunca é así. Domicilios, bares, prazas, tendas… Son lugares nos que, en calquera momento, se pode poñer en xogo a vida dunha persoa…”, aseguran dende o Concello de Verín.