ConcellosSen categorizarÚltima hora

O municipalismo, principal eixo de traballo do novo delegado do Goberno en Galicia

José Miñones tomaba posesión do seu cargo esta mañá asegurando que o seu obxectivo será "será darlle sentido ao significado da palabra municipio

 

O novo delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, situaba “o compromiso co municipalismo como principal eixe do seu traballo”, tras prometer e tomar posesión do seu cargo na sede da Delegación. “Chego con ilusión, moitas ganas, con humildade e cunha enorme responsabilidade. Desde xa imos seguir traballando con total dedicación co obxectivo de facer chegar a todas as galegas e galegos as políticas do Goberno que preside Pedro Sánchez”, dicía.

José Miñones anticipou unha Delegación do Goberno coas “portas abertas” na que, “como sucede na actualidade, as políticas sociais cobran un maior protagonismo” para non deixar a ninguén atrás. “Nos tempos que nos toca vivir é evidente que a nosa prioridade vai a seguir sendo a atención das persoas. A situación do desemprego, da saúde, das desigualdades… dos servizos sociais. Desde esta Delegación de Goberno daremos un pulo ás políticas sociais”, subliñou.

Ademais Miñones mencionaba cinco eixes de acción do seu traballo: o municipalismo, a violencia machista, as infraestruturas, as políticas sociais e o futuro. “O meu primeiro firme compromiso co municipalismo. A aposta polo contacto directo cos nosos Concellos e a cercanía coa nosa xente. É o meu desexo poder facer chegar a cada recuncho da nosa terra as políticas renovadoras do Goberno. Temos en Galicia 313 concellos, dos cales 200 teñen menos de 5.000 habitantes. O meu obxectivo será darlle sentido ao significado da palabra municipio, para que se faga realidade que vivir nestes concellos de Galicia ten que ser un privilexio e non unha condena”, destacou.

Neste acto de toma de posesión contábase coa asistencia do delegado anterior, Javier Losada; o ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luis Ábalos; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; e o presidente do TSXG, José María Gómez; o presidente da Fegamp, Alberto Varela. Tamén asistiron as subdelegadas do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo; Lugo, Isabel Rodríguez e Pontevedra, Maica Larriba e o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, ademais doutros representantes de institucións políticas, civiles e militares de Galicia.

Durante a toma de posesión de José Miñones, o presidente da Xunta recordou que son moitos os desafíos aos que Galicia está a facer fronte tras a pandemia, referíndose aos retos da reactivación económica e social. Nesta liña, indicaba que o Goberno galego seguirá xestionando con rigor, con responsabilidade e apostando pola cooperación.

 

 

O presidente da Fegamp valoraba moi positivamente que José Miñones sinalara a interlocución e traballo a favor dos concellos como o primeiro dos seus compromisos na súa labor como representante do Goberno do Estado na nosa Comunidade, xa que o novo Delegado “ten predisposición, coñece ben a situación da administración local e demostrou a súa capacidade á hora de conseguir grandes resultados ao frente do concello de Ames. Confío que temos nel un gran aliado”.

 

Artigos relacionados

Back to top button