A VeigaConcellosÚltima hora

O municipio da Veiga rexistra dous cortes de luz durante varias horas o 6 e o 7 de xaneiro

Vista dunha das aldeas da Veiga cubertas de neve.

 

En dous días consecutivos os veciños do municipio da Veiga sufrían outros tantos cortes de luz que se prolongaban durante varias horas por unha avaría. Así, o primeiro producíase entre as 7h. e as 12h. do día 6 de xaneiro e segundo iniciábase ás 7h. do 7 de xaneiro e duraba ata ás 11h. aproximadamente.

Os veciños da Veiga amosan o seu profundo malestar ante esta situación, tendo en conta ademais as baixas temperaturas que se están a rexistrar nestes días. E tamén temen que a situación de falta de luz se volva a repetir.

Dende o Concello da Veiga o seu alcalde, Juan Anta, tamén facía público, a través das redes sociais, que dende esta administración municipal se presentará unha “queixa/reclamación por escrito. En calquera caso as eléctricas teñen que ter medios para que isto non suced”, sinalaba.

Artigos relacionados

Back to top button