OurenseÚltima hora

O Museo Arqueolóxico de Ourense celebrará o 18 de maio o Día Internacional dos Museos

 

“Museos pola igualdade: diversidade e inclusión” é o lema co que se celebrará o vindeiro 18 de maio o Día Internacional dos Museos 2020. Unha conmemoración á que tamén se sumará o Museo Arqueolóxico Provincia de Ourense.

Esta data “quere converterse nun punto de encontro para celebrar as diferentes perspectivas que constitúen as comunidades dos museos, avogando por ferramentas que permitan identificar e superar os prexuízos, non só nos obxectos que se expoñen, senon tamén nas historias que as coleccións contan”, explican dende o museo ourensán, que ten previsto un programa de actividades en liña: “O Museo por dentro. Que son e que fago”, “Museos pola igualdade. Creando lazos”, “Quebracabezas interactivo con imaxes vinculadas ao museo”.

“Tralo brote de COVID-19 e as conseguintes recomendacións das autoridades sanitarias, decidimos adaptar o formato do 2020 e orientarnos ás actividades dixitais para promover os valores do DIM e ao mesmo tempo garantir a seguridade do público e do persoal”, explican dende o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button