CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O Museo do Chocolate de Parada de Sil colabora co CEIP O Couto na divulgación da Ribeira Sacra

 

A Casa Museo do Chocolate de Parada de Sil vén de participar no programa “Descubrindo a Ribeira Sacra”, incluído no proxecto de centro do CEIP de O Couto para promocionar a Ribeira Sacra. Para elo, o colexio, segundo a sua directora, María Pérez Laso, que introduciu as intervención das invitadas, relatou tamén as actividades que levan a cabo ao longo do curso, destinadas a proporcionar información sobre esta área xeográfica do norte da provincia de Ourense e o sur de Lugo, e que rematarán cunha viaxe dos alumnos para coñecer de preto o entorno e certificar os coñecementos adquiridos ao longo do ano. O proxecto está conformado arredor da biblioteca do CEIP, que dirixe Ana Belén Pérez Vázquez, con Milagros Vázquez, como coordinadora do programa de posta en valor da Ribeira Sacra.

Nese contexto, interviron no CEIP de O Couto Mónica Fariña, técnica de turismo e encargada da atención ós visitantes no Museo do Chocolate, e Rosa Casares, filla do último chocolateiro, que con sua mai e sua irmá, cederon gratuitamente ao Concello de Parada de Sil a vella fábrica familiar e a maquinaria para a sua conversión en museo.

 

 

A exposición estivo dirixida a alumnado dos cursos quinto e sexto de primaria e contou con material da fábrica como moldes para facer as tabletas, cacao, manteiga de cacao e algúns outros elementos utilizados na elaboración do chocolate. A charla comezou coa proxección dun pequeno vídeo que recolle os activos de maior interese do municipio, como o mosteiro de Santa Cristina, o canón do Sil, os Balcóns de Madrid, a Fábrica da Luz, a pasarela do Mao ou o propio Museo do Chocolate, ademais de mostras de terreos onde se practica a denominada viticultura heroica.

Na súa intervención, Rosa Casares contaba as orixes da Casa Museo do Chocolate, “único de Galicia e ubicado no pobo de Teimende”, a procedencia do cacao e o resto das materias primas que se utilizan na elaboración do popular produto, así como o proceso de elaboración e comercialización. Tamén se aportaba información sobre a evolución da fábrica da saga Casares ata o cese da actividade coa xubilación de Ricardo Casares, a mediados dos anos oitenta. Ao remate tiña lugar unha degustación do chocolate que comercializa o museo e que se elabora coa fórmula de Ricardo Casares, o último chocolateiro.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button