ConcellosQuirogaÚltima hora

O musical “Unha noite na eira do trigo” chega este sábado a Quiroga con La Ocaband

 

Quiroga acollerá este sábado, poñendo punto final ás actividades de Nadal, o musical Unha noite na eira do trigo, baseado no poema de Manuel Curros Enríquez, que posteriormente sería unha famosa “cantiga” que Los Tamara fixeron famosa e que despois se levaría por distintos escenarios do mundo.

Trátase dun musical diferente onde se mestura o teatro, o cine e a música para trasladar ao espectador dende a actualidade ata os anos 30 e 80.

A banda sonora corre da man da orquestra La Ocaband, contando coa participación da voz de Chápelo (grupos Solano e Solara). O actor Pepo Suevos fai de narrador do musical xunto con  Ruth Núñez. No musical tamén participa un veterano da interpretación, Manuel Manquiña.

 

 

O traballo dirixido por Xoán Manuel Paradela (musical), Daniel Dopazo (artístico) e Carlos Alleres (creador da idea e produtor audiovisual), combina ao longo de noventa minutos momentos musicais, con cancións de Los Tamara, con teatro e cinema. Ao longo do audiovisual figuran historias de tres xeracións diferentes expoñendo escenas moi emotivas.

Este musical que a base de imaxes e música transportá ao espectador a épocas pasadas e tamén o mantén na actual, é a terceira vez que se representa, a primeira vez foi o seu estreo o pasado mes de decembro en Sanxenxo e o segunda hoxe mesmo en Noia.

A actuación, con entrada libre, -que conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Quiroga- terá lugar o sábado día de Reis, ás sete da tarde no Auditorio Municipal.

Artigos relacionados

Back to top button