BaloncestoDeportesGalerías de fotosÚltima hora

O MV Barco abre a tempada en casa con tres partidos no pavillón de Calabagueiros

O equipo sénior e o cadete masculino vencían con contundencia aos seus respectivos rivais mentres que o cadete feminino perdía por 15 puntos

 

Segunda xornada de liga e estrea en casa para tres dos equipos do MV Barco que están este ao en competición. Na mañá deste sábado 22 de outubro disputábanse no pavillón barquense de Calabagueiros tres partidos de baloncesto que se resolvían con dúas vitorias e unha derrota para os equipos locais.

As primeiras en saltar ao parqué eran as rapazas do equipo cadete masculino que se enfrontaron ás de Carmelitas e tal como explica o adestrador, perderon pero xogaron ben. “Aguantaron ben os tres primeiros cuartos pero no terceiro perderon enerxía”, di José Luis Gómez. Ao final 43-58 e seunda derrota para as barquenses.

 

Xogada do partido entre os cadetes do MV Barco e Santa Mª Maristas.

 

De seguido tocáballe o turno ao equipo cadete masculino que adestra Patricia Gómez e que sumaba a segunda vitoria da tempada, situándose no alto da táboa. O conxunto vermello enfrontábase ao Santa María Aguas de Sousas ao que superaban con soltura por 77-17. A este partido corresponden as imaxes da galería.

Os últimos en xogar neste sábado eran os sénior, xa pola tarde, que dominaban o encontro superando por moito ao Depordima (78-39) e logrando a primeira vitoria tras perder na primeira xornada na cancha do Imprenta Club Baloncesto.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Plantel do equipo sénior do MV Barco. /Foto Lois Prada.
Xogada do partido dos séniors./ Foto: Lois Prada.
Xogada do partido dos séniors./ Foto: Lois Prada.
Xogada do partido dos séniors./ Foto: Lois Prada.

Artigos relacionados

Back to top button