
O vindeiro domingo 29 de novembro, de 10 a 14 horas, celebrarase no Pavillón de Deportes de Xinzo de Limia, a 1ª Concentración de Baby Básket da tempada organizada pola Asociación Baloncesto Xinzo na que participará o Muebles Victoria Barco, encadrado no grupo D xunto aos clubs CB Allariz Verde, Ingade COB Curros Enríquez e Basket X Libros Celanova.
En total participan 24 equipos, en seis grupos de catro e segundo as normas do torneo, cada equipo terá un mínimo de 6 xogadores e un máximo de 10. Os partidos xogaranse en formato de 4 x 4 nun período de 20 minutos a reloxo corrido. Poderanse facer cambios durante o encontro e non haberá resultados.
