OurenseÚltima hora

O novo autobús do club de fútbol CENTED Academy promocionará os atractivos turísticos de Ourense

O vehículo era presentado na mañá deste martes 25 de xaneiro na praza Maior

 

Na mañá deste martes 25 de xaneiro, o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome e representantes dos grupos políticos municipais e provinciais, asitían á presentación do novo autobús do club de fútbol CENTED Academy, rotulado con motivos da cidade e da provincia de Ourense, que será o que utilicen os xogadores do equipo nos seus desprazamentos.

Gonzalo Jácome afirmou que “é unha honra recibir na praza Maior a este club de fútbol” que, aínda que xoga habitualmente en Vilariño, ten as súas oficinas e o seu centro de formación en Ourense, e “darlles a benvida e apoiarlles a eles e a todos os clubes da cidade”. O rexedor felicitou ao clube pola iniciativa e asegurou: “no que poidamos, aí estaremos”.

Pola súa banda, o presidente do club, Manu Cerón explicou os motivos desta iniciativa: “Á parte da formación dos nenos, entendemos fundamental tamén darlle valor a Ourense, cidade e provincia. Temos uns atractivos enormes e con esta campaña queremos dar a coñecer todas as marabillas que temos, que non son poucas, cada vez que nos depracemos a xogar fóra da cidade”.

Artigos relacionados

Back to top button