OurenseÚltima hora

O novo Complexo de Monterei contará cunha zona deportiva e unha zona acuática

As obras da zona deportiva comezarán neste primeiro trimestre do ano e tamén se ampliará a cuberta da pista de atletismo

 

O Complexo Deportivo de Monterrei acollía na mañá do 10 de xaneiro a presentación por parte do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, do proxecto de reforma da infraestrutura que contará cunha zona deportiva e unha zona acuática como dúas partes diferenciadas e independentes. O orzamento total da actuación rondará os 10 millóns de euros e será cofinanciado ao 50% entre Xuntade Galicia e Deputación de Ourense.

No que respecta á zona deportiva, esta será un espazo novo no que se construirá unha pista polideportiva descuberta, unha pista de tenis cuberta e outra descuberta, dúas pistas de pádel cubertas e outras dúas descubertas, realizarase a ampliación da cuberta da pista de atletismo e executarase unha instalación dun pump track indoor. A realización deste espazo para bicicleta BTT e deportes urbanos, similar ao de Maceda, débese ao seu potencial para a formación técnica de nenos e nenas, así como á excepcional marcha do ciclismo galego, nomeadamente do ciclocross que conta con nomes de grandes deportistas como os de Pablo Rodríguez, Iván Feijóo ou Carlos Canal e outros que veñen por detrás como Irene Trabazo, Adrián Barros ou Noela Saa.

As obras desta primeira fase comezarán no primeiro trimestre dexste ano para que estean finalizadas no verán. A dotación total da fase da zona deportiva será de 1.022.866,17 euros.

No que atinxe á parte acuática, a redacción do proxecto sairá a concurso nos vindeiros meses e constará de tres fases diferenciadas: a piscina familiar, a piscina infantil e os tobogáns de adrenalina. Os prazos de actuación indican que a zona acuática estará completamente rematada antes do verán de 2023. O orzamento alcanzará os 8.809.566,35 euros.

Artigos relacionados

Back to top button