En portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

O novo Pádel Club Valdeorras abre as portas no Barco

 

A comarca de Valdeorras conta cunha nova oferta deportiva. Da man de cinco deportistas valdeorreses, a maioría procedentes do mundo do tenis, nace Pádel Club Valdeorras, un proxecto que xurde do “pensamento, a análise, o estudo e a necesidade de achegar a esta inmellorable comarca, un deporte xa coñecido mundialmente”, tal como din os seus fundadores.

Ubicada no Polígono A Raña (O Barco de Valdeorras), a instalación ten unha superficie duns 1.400 m2 e 11 metros de alto e está dotada de catro pistas, tres delas panorámicas, contando tamén con cafetería cunha barra ampla e unha zona de mesas dende as que visualizar os partidos. Completan as instalacións dous vestiarios con duchas, un feminino e outro masculino, sen esquecer ás persoas con discapacidade cun servizo adaptado e dúas ramplas na esplanada principal que facilitan o acceso para cadeiras de rodas ou outras axudas técnicas ou mecánicas que porten ditas persoas. A nivel de material, no club dispoñen dun “stock de produtos” de pádel situados na parede anexa á cafetería.

 

Os fundadores do Pádel Club Valdeorras.

 

Nun principio o horario de apertura será de 10 a 14 e de 16 a 23:30 de luns a domingo, sendo as 10 da noite a última hora na que se podería reservar unha pista. E con respecto aos servizos que ofrece, os usuarios de Pádel Club Valdeorras poderán solicitar as súas clases particulares. “Sempre buscaremos a maneira de adaptarnos ao usuario/a e poder abarcar todas as peticións. Impartiranse clases particulares en todos os niveis e idades, desde iniciación a perfeccionamento. A idade non é un impedimento para practicar este deporte”, convidan ilusionados dende o club.

 

 

As instalacións eran inauguradas na tarde deste venres 4 de novembro, con partido de exhibición incluído e animación musical de dj Motto.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button