En portadaSanidadeÚltima hora

O novo tomógrafo computerizado (TC) do Hospital de Valdeorras entrará en funcionamento a finais de maio

Permitirá realizar exploracións cunha excelente calidade de imaxe, capturando esta nun tempo moito menor, con doses moi baixas de radiación

 

 

O Hospital Público de Valdeorras vén de recibir o seu novo tomógrafo computerizado (TC) no que a Xunta de Galicia investíu 301.108 euros no marco dunha partida de 60 millóns de fondos europeos Next Generation para a renovación e ampliación de alta tecnoloxía sanitaria en toda Galicia.

Neste intre os técnicos ultiman os traballos de instalación do novo equipo de última tecnoloxía, que está previsto entre en funcionamento a finais deste mes de maio, tras a regraxe, calibración e formación do persoal.

O novo “Siemens Somaton Go Top Cardio” permitirá realizar exploracións cunha excelente calidade de imaxe, capturando esta nun tempo moito menor, con doses moi baixas de radiación. Asemade reduce a aparición de “artefactos” ou distorsións de imaxe, e dispón dun tubo curto e unha ampla abertura, o que reduce a sensación de agobio nos pacientes cando fan a proba. Igualmente, o incremento da velocidade na realización das probas, permitirá ampliar a capacidade asistencial, segundo informa o Sergas.

 

 

Con esta instalación completase a renovación destes equipos de imaxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras. Hai un en cada un dos hospitais públicos de Valdeorras e Verín e os catro no Hospital Universitario de Ourense, entre eles o avanzado TC Espectral “Siemens Somaton Force” valorado en 1.15 millóns de euros, de altísima capacidade e potencialidade.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button