OurenseÚltima hora

O obradoiro de emprego “Montealegre 3” dá formación e cualificación profesional a 20 persoas desempregadas

 

A concelleira de Dinamización do Concello de Ourense, Tamara Silva, asistía o martes 7 de novembro á clausura do obradoiro de emprego “Montealegre 3”, unha iniciativa do Concello e a Xunta de Galicia que durante un ano deu formación de carácter teórico e práctico a 20 persoas desempregadas coa finalidade de mellorar a súa cualificación e axudalas a acceder a un posto de traballo. O alumnado participante recibiu o seu correspondente certificado de cualificación profesional.

O obradoiro contou cun orzamento de 636.919,11 euros. O proxecto, iniciado o 2 de novembro de  constou de 2 módulos. Un deles estivo dedicado a albanelería e pavimentación, e o outro ao repoboamento forestal e tratamento silvícola. Tamén participaron no proxecto outras 4 persoas, responsables da dirección, secretaría e docencia.

Obradoiro dual de emprego

Os obradoiros duais de emprego como este teñen como obxectivo incrementar as oportunidades laborais das persoas desempregadas, dándolle ao alumnado participante a oportunidade de recibir unha formación de calidade, de carácter tanto teórico como práctico, con opción a obter un certificado de profesionalidade para acceder a un contrato de traballo. Ao tempo, desenvolven actuacións que redundan na mellora dun espazo público, neste caso no Parque de Montealegre.

 

Artigos relacionados

Back to top button