CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O Orfeón Trivés pon música á tarde do Día das Letras Galegas na vila

Antes do concerto tiña lugar un recital infantil de poesía no Auditorio de Trives

 

Coa lectura de catro poemas, lidos por outros tantos nenos nun “Recital das nosas Letras” comenzaban os actos da tarde neste Día das Letras Galegas no Auditorio Julio Vázquez de Trives. Tras a poesía era a música a que tomaba o escenario da man do Orfeón Trivés, que dirixe Sandra González.

A actuación comezaba coa peza tradicional “Compañeira” (con harmonización de Julio Domínguez) e logo continuaba con “Meu amor é mariñeiro” (con letra de Manuel Alegre e música de Xosé Luis Rivas), “O sol de primavera” (letra de Manuel Lago González e música de Torres Creo), “Ruada de Chamosa” (anónima e con harmonización de Julio Domínguez) e “Quen puidera namorala” (letra de Álvaro Cunqueiro e música de Luis Batallán). En todos os temas os arranxos eran de Sandra González. Non faltaba tampouco no concerto a interpretación do himno galego.

 

 

Este 17 de maio era ademais unha data moi especial para o Orfeón Trivés que, tal e como lembraba u dos integrantes na actuación, nacía tal día como hoxe hai 33 anos xa da man da súa actual directora. A intención desta formación coral é continuar, cando menos “outros 33 anos máis” e para iso piden á veciñanza que se anime a acudir aos ensaios e a sumarse á agrupación.

 

Este concerto formaba parte do programa das Letras Galegas do Concello de Trives, que neste 17 de maio tamén incluía, durante a mañá, as actuacións da Banda de Gaitas Os Trintas e de Os do Fondo da Barra

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button