ConcellosTrivesÚltima horaVídeos

O Orfeón Trives pon o son coral as Festas de San Bartolomé

 

Dende o mércores 23 de agosto ata hoxe, o concello da Pobra de Trives vive por todo o alto as festas de San Bartolomé, cunha completa programación que suma case unha decena de orquestras e grupos musicais de estilos moi variados.

 

 

Na tarde deste sábado 26 de agosto era a quenda da coral, cun concerto do Orfeón Trivés que encheu o Auditorio Julio Vázquez. Alí e baixo a dirección de Sandra González fixo un percorrido por algúns dos temas do seu amplo repertorio. Dende Flores de Amor, Torrevieja ou Blanca Gaviota, ata Te QuieroCompañeraMeu Amor é Mariñeiro ou Quen Poidera Namorala, algúns acompañados pola propia Sandra ao piano e Francisco García á guitarra.

 

 

O broche á actuación poñía a interpretación do himno galego co acompañamento do gaiteiro Félix.

 

 

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button