En portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

O Orfeón Valdeorrés abre a Semana Santa no Barco cun emotivo concerto na igrexa de San Mauro

A actuación tiña lugar despois da misa deste Venres de Dor

 

Cunha dobre actuación abría o Orfeón Valdeorrés o programa de Semana Santa no Barco de Valdeorras. A primeira durante a misa celebrada na igrexa de San Mauro, neste Venres de Dor; a segunda no xa tradicional concerto de música sacra recuperado no ano 2016 a iniciativa do seu director, José Ramón Mansilla.

 

 

Pasaron os anos e na tarde deste 31 de marzo o Orfeón Valdeorrés volvía deleitar aos fegreses coas súas melodías. Trala actuación durante a misa oficiada polo párroco, Jesús Álvarez, os membros do coro colocábanse diante do altar e comezaba o concerto. Primeiro eran as voces masculinas as que interpretaban La hora de Nona, o momento no que morre Cristo; e despois xa o coro ao completo, facía un percorrido por temas tan sentidos como A Santísima ou Oración del Pobre.

 

 

A Semana Santa do Barco de Valdeorras continuará mañá, sábado 1 de abril, co pregón a cargo do sacerdote Juan José Prieto, párroco de Sobradelo e Arcipreste de Galicia. Será ás 20 horas na misa da Confraría.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button