En portadaÚltima horaVídeos

O Orfeón Valdeorrés celebra o seu Concerto de Outono acompañado polas corais Santa Eulalia e La Salle

 

Na tarde deste sábado 29 de outubro, rodeado de amigos e coa participación de dúas corais, celebraba o Orfeón Valdeorrés o seu tradicional Concerto de Outono.

A actuación tiña lugar no Teatro Lauro Olmo do Barco e servía de excusa para que a presidenta María Luisa Álvarez entregara o pin de prata do Orfeón aos membros que levan 10 anos na agrupación coral. A presidenta tamén agradecía a presenza dos asistentes, entre eles os deputados Aurentino Alonso e Eduardo Ojea, e por suposto ás corais convidadas ás que agasallaba cunha ‘barca’ obra de Xelo de Tremiñá.

 

O director do Orfeón Valdeorrés, José Ramón Mansilla.

 

No apartado musical, os  primeiros en subirse ao escenario eran os membros da Coral Santa Eulalia de Donas (Gondomar), formada por 34 voces mixtas, que interpretaron Flor Tropical, de F. A. Rey Rivero; Nosa Señora da Guia, de F. A. Rey Rivero; Usted, de José Antonio Zorrilla Martínez e música de Gabriel Ruiz Galindo; Viento del Norte, de Hermanos Agüero; e El Menú de Miguel Arregui Trecet.

 

A presidenta do Orfeón Valdeorrés entregando un dos pins.

 

De seguido tocáballe o turno á Coral La Salle de Santiago de Compostela, formada por 42 voces mixtas cuxo repertorio para a ocasión incluía La playa del querer, popular; Esta Tierra, de Javier Busto; Caracola, Letra e música de J.L. Giménez Lago e harmonización de J. Excurra; Os meus amores, habanera; e Soidades, de Rey Rivero.

 

As coralistas que recibiron o pin.

 

E como bo anfitrión era o Orfeón Valdeorrés, formado por 45 coralistas, quen pechaba o acto cantando catro pezas: Foliada de Olas, popular harmonizada harmonizada por J. Domínguez; A solas tú y yo de R. Guirao, un tema inédito adicada ás vítimas de violencia de xénero; Te digo adiós, de J. Busto; e Barco de Valdeorras, habanera de José Ramón Mansilla, director do Orfeón adicada á vila valdeorresa.

O evento servía tamén de excusa para que a presidenta do Orfeón Valdeorrés, María Luisa Álvarez, entregara o pin de prata a membros desta entidade que levan 10 anos na agrupación coral: Ana Moreno, Lara García, Lucinda Rodriguez, María del Carmen Rodríguez e María Isabel Monsech.

 

 

Fotos e vídeos:  Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button