CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O Orfeón Valdeorrés conquista Porto (Portugal)

Vén de participar no VII Encontro de Coros de Paranhos convidado polo Orfeão da cidade lusa
O Orfeón Valdeorrés en Porto (Portugal).

Encantado. Así volvía o Orfeón Valdeorrés da súa viaxe a Portugal para participar no Encontro de Coros de Paranhos celebrado o sábado 19 de xaneiro no Auditorio da Junta de Freguesa. “O recibimento por parte dos anfitrións foi espectacular. Foron a recollernos, acompañáronnos pola cidade, leváronnos a cear,… Foi unha marabilla”, di o presidente do Orfeón José Luis Folla, asegurando que iniciaron unha boa relación co coro portugués ao que convidarán a vir ao Barco de Valdeorras.

Con respecto á actuación, dirixidos por José Ramón Mansilla foron os encargados de pechar o concerto, cantando despois do propio Orfeão de Paranhos e do Orfeão Silve do Algarve, e interpretaron sete temas: O sombreiro de palla (vilancico), Lela, Foliada das olas, My way, Alma llanera, Sin ti (tango) e Canção do mar. Esta última, unha canción portuguesa coa que quixeron sorprender aos anfitrións xa que “no sabían que a iamos cantar e gustou moito”, di o presidente. De feito, unha das asistentes felicitábaos pola súa actuación no Porto: “Foi sublime! Grazas pola súa arte”, comentaba a través do Facebook.

 

Artigos relacionados

Back to top button