CulturaCulturaÚltima hora

O Orfeón Valdeorrés triunfa no XVII Certame de Habaneras de Cee (A Coruña)

Participou no festival xunto á Polifónica de Barro e á coral Costa da Morte

En abril foi un dos convidados na XIII Xuntanza de Corais “Cancións do Mundo” en Vigo, en xuño participaron no V Encontro de Corais de Quiroga e en agosto no XVII Certame de Habaneras de Cee. O Orfeón Valdeorrés vai pouco a poco desenvolvendo o programa de actuacións previstas nestes meses, antes do 40 aniversario que celebrarán o vindeiro ano por todo o alto.

A última cita levábaos o 5 de agosto ata o concello de Cee (A Coruña) para participar xunto a outras dúas corais, nunha nova edición do Certame de Habaneras, unha das súas especialidades, que se celebraba na Casa da Cultura da localidade coruñesa.

A primeira en actuar era a Polifónica de Barro, de seguido tocoulles o turno aos valdeorreses que interpretearon tres habaneras (Rosina, Con sabor tropical e Melodías antillanas) e dous temas libres (A solas tú y yo e Los nardos), para rematar coa actuación dos anfitrións, a coral Costa da Morte de Cee.

Tal como explica o presidente do Orfeón, José Luis Folla, malia a duración (de 21 a 22:30h.) houbo unha gran afluenza de público xa que foi un festival “de moito nivel” no que os valdeorreses volveron triunfar cunha actuación “moi aplaudida por todos os presentes”, conclúe José Luis.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button