ConcellosÚltima hora

O orzamento do Barco rozará os 10 millóns de euros

Os presupostos para o 2020 serán sometidos a aprobación do pleno da vindeira semana

O alcalde do Barco, Alfredo García./ Foto: A.R.

Na vindeira semana a Corporación barquense celebrará o seu pleno ordinario no que se someterán á votación os orzamentos do Concello para o vindeiro ano 2020. O proxecto de orzamentos que presentará o grupo de goberno ascende a 9.840.618,38 euros, “cun incremento significativo con respecto ao do 2018”, tal e como adiantaba en rolda de prensa o alcalde do Barco, Alfredo García na mañá do 12 de decembro.

Na súa intervención, o rexedor incidía especialmente no capítulo inversor. O Concello ten en marcha tres proxectos plurianuais “xa aduxicados, pero que non figuran no orzamento e que serán financiados co superávit existente. Trátase do remate da escola infantil para o que se incorporará a cantidade de 168.580 euros;  a obra de renovación do alumeado público por un importe de 999.619 euros,tendo que aportar o Concello a cantidade de 199.923 euros, e o proxecto de mellora da eficiencia enerxética no Teatro Lauro Olmo e o Conservatorio, que ten un importe de 306.854 euros, correspondéndolle ao Concello a incorporación de 145.000 euros”, tal e como se indica na memoria da alcaldía, no que a parte diso, cífrase en 634.000 euros a cantidade destinada a investimentos no vindeiro ano.

Eses investimentos destinaranse a proxectos como a urbanización de rúas, obras de mellora en parques infantís e en espazos deportivos, obras de mellora en captación de augas, mellora da pavimentación do cemiterio, etc. Dentro do orzamento sobrase tamén o capítulo de gastos de persoal con 4.905.621,84 euros, xunto co de gastos correntes que ascende a 3.778.024,44 euros.

Artigos relacionados

Back to top button