BoxeoDeportesÚltima hora

O ourensán Rubén Batan participa no Campionato do Mundo de Savate – Boxeo Francés, en Luíntra

O deportista ourensán Rubén Batan.

 

Na xornada deste sábado 4 de decembro, celébrase no Pavillón Municipal de Luíntra (Nogueira de Ramuín) o Campionato do Mundo de Savate – Boxeo Francés, coa participación do ourensán Rubén Batan.

A actividade comezaba xa pola mañá cun curso a cargo do francés, Jean Pascal, técnico encargado da difusión internacional do Savate. E xa pola tarde, a partir das 16 horas o Parador de Santo Estevo a pesaxe odicial dos comabates previos así como dos aspirantes ao título mundial.

Con todo, a competición iniciarase ás 18 horas coa disputa varios combates previos entre Francia e España e contará con varias exhibicións. Ao redor das 19:15 h, terá lugar a disputa do Campionato do Mundo de Savate – Boxeo Frances, entre o francés, Ahmed Ferradji e o Español, Rubén Batan.

O evento organizado polo club Escolas Deportivas de Nogueira de Ramuín en colaboración coa Federación Internacional de Savate, será o primeiro Campionato do Mundo de Savate que se celebre en España. Ao mesmo tempo, Batan, podería ser o primeiro español en proclamarse Campión do Mundo de Savate, na categoría absoluta.

O evento contará coa presenza da presidenta e cicepresidente da Federación Internacional, o delegado oficial e os árbitros internacionais, todos eles chegados desde Reino Unido, Francia, Italia e Suíza, situando a Luíntra como epicentro mundial do Savate.

 

Artigos relacionados

Back to top button