CulturaCulturaÚltima hora

O ourensán Sergio Pazos, figura homenaxeada no VI FIC Vía XIV de Verín

A organización da mostra decidiu distinguir a este actor pola súa conexión con Ourense e a súa provincia

O actor ourensán Sergio Pazos./ Cedida.

 

O actor ourensán Sergio Pazos será o artista homenaxeado na VI edición do Festival Internacional de Curtas (FIC) Vía XIV de Verín, sucedendo así a Luis Zahera, a quen se homenaxeou o ano pasado. Pazos posúe unha ampla traxectoria que inclúe os campos do teatro, do cinema e da televisión. A organización do FIC Vía XIV decidiu distinguir a Pazos “pola súa conexión con Ourense e a súa provincia”.

Na homenaxe que se lle renderá incluirase o visionado dalgunhas das curtametraxes na que Pazos participou e que son representativas da súa traxectoria. Posteriormente, o propio Sergio Pazos participará nun coloquio cos asistentes ao acto de homenaxe, que se celebrará, ao igual que o resto de actividades paralelas do certame, no Auditorio de Verín.

Principais traballos

Entre outros, Pazos ten traballado en diversos filmes de televisión e cine tales como “Ni se te ocurra”, “Un soño de verán”, “A fiestra baldeira”, “La Ley de la frontera”, “A Esmorga”, “Airbag”, “Muertos de risa”, “Galáctea: a conquista da vía láctea”, “Tuno negro”, “Binomio. Los siameses españoles”, “Las rubias los prefieren caballeros”, “Lisístrata” ou “El lápiz del carpintero”, entre outros.

Artigos relacionados

Back to top button