
O Valedor do Pobo de Galicia (VP) é unha institución pública que na súa base de funcionamento dispón de competencias para reforzar a defensa e a protección dos dereitos fundamentais das persoas que viven e residen na nosa terra, e unha vez rematado o mandato legal comeza o proceso para designar un novo.
O ourensán Xermán Estévez Janeiro, empregado público e ex opositor á carreira xudicial e fiscal, “promotor da defensa do ben común sen ningunha filiación política”, vén de lanzar unha campaña a través de internet para presentarse como candidato a este posto, asegurando que “queremos que os cidadáns elixan libremente o Valedor do Pobo de Galicia para manter a súa independencia e credibilidade, sendo libre nas súas actuacións administrativas”.

Xermán Estévez é Licenciado/ Graduado en Ciencias Xurídicas das Administracións Públicas; Dereito; Ciencias do Traballo; Ciencias Políticas e Sociología (sección ciencias políticas; e Criminoloxía. É doutor en Dereito Público e Teoría do Estado (sobresaínte, cum laude) e conta con Diploma de Estudos Avanzados, DEA, Suficiencia Investigadora e varios másteres universitarios (en Dereito das AAPP e Instituciones Públicas; en Xestión Pública; da Abogacía, Escola de Práctica Xurídica; e en Dereitos Fundamentais).



