Nunha final de infarto as rapazas do Ourense Ontime FSF proclamábase campioas do cuadrangular feminino do I Torneo Vila do Barco de fútbol sala celebrado esta fin de semana no pavillón municipal de Calabagueiros.


En medio dos partidos masculinos, no mediodía deste domingo 7 de xullo disputábanse os dous partidos de semifinais femininas. O primeiro, entre Vianariño FS e Cidade das Burgas gañábano con contundencia as ourensás (0-8) pasando á final disputada pola tarde. O segundo partido enfrontaba ao Rúa Valdeorras Futsal e ao Ourense Ontime FSF (con xogadoras de ente 12 e 16 anos) resolvéndose co 3-5 para as outras ourensás que pasaban á final


Unha final dominada inicialmente polas rapazas de Manolo Codeso que chegaban a poñerse 3-1 no marcador. Máis nos minutos finais do partido o Ourense intensificou o xogo utilizando á porteira como xogadora ata lograr o empate, resolvéndose a vitoria nos penaltis.
Así, o campión deste minitorneo foi o Ourense Ontime FSF; o subcampión o Cidade das Burgas; e o terceiro clasificado o Rúa Valdeorras que vencía 5-0 ao Vianariño FS, cuarto. O trofeo á mellor xogadora foi para Fara do Cidade das Burgas e do mellor porteira para Nieto do Ourense Ontime.
Fotos e vídeos: Mónica G. Belllver.