DeportesFútbol salaPizarras Los Tres CuñadosÚltima hora

O Ourense Ontime FSF xuvenil, no que milita a barquense Vera Rodríguez, entre os catro mellores equipos de España

Vén de clasificarse para a fase final do Campionato de España de Clubs que se celebrará na última fin de semana de xuño en Madrid

O equipo xuvenil do Ourense Ontime FSF, no que xoga a barquense Vera Rodríguez González, continúa dando boas novas ao club logrando clasificarse para a fase final do Campionato de España de Clubs.

Esta fin de semana gañaba os dous partidos da eliminatoria previa, disputados na localidade de Castro Urdiales: 1-2 contra AD Mioño e 2-6 contra FSF César Augusta, pasando como primeiras de grupo e logrando situarse entre os catro mellores equipos de España que disputarán a Final Four nacional na Cidade do Fútbol das Rozas (sede da RFEF), na última fin de semana deste mes de xuño. Completan o cuarteto final Alcantarilla, Alcorcón e Mioño. As semifinais decidirán os dous equipos que accederán á gran final, onde estará en xogo o título de campión de España.

 

 

Para o conxunto galego esta clasificación supón “un recoñecemento ao traballo realizado durante toda a tempada” e unha “oportunidade histórica” de competir polo máximo galardón nacional da súa categoría, e entre as protagonistas que loitarán por traelo para Ourense atópase Vera para quen, ter a oportunidade de disputar unha das citas máis importantes do fútbol sala xuvenil español, tamén é un recoñecemento ao seu esforzo e constancia.

Comeza pois a conta atrás para unha fase final que reuniá en Madrid aos catro mellores equipos xuvenís do país na procura da coroa nacional.

Back to top button