CulturaCulturaÚltima hora

O Outono Fotográfico convoca o VII Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

O prazo de presentación das obras rematará o 5 de novembro e os proxectos enviaranse a través da ficha habilitada para esta convocatoria na web do OF

 

Co obxectivo de “promover novas creacións na linguaxe contemporánea da fotografía”, o Festival Outono Fotográfico, co apoio da Xunta e da Deputación de Lugo, convoca a sétima edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea.

A presentación tiña lugar no Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) na mañá do 1 de outubro, por parte do director del festival galego de fotografía, Xosé Lois Vázquez e do director xeral de Políticas Culturais Anxo Lorenzo, quenes amosaron o compromiso das institucións que colanoran para que este certame constitúa unha “plataforma para dar a coñecer o talento dos e das creadoras que están empregando as linguaxes fotográficas contemporáneas para a produción do seu traballo”.

Os participantes deberán presentar un proxecto fotográfico realizado entre setembro de 2009 e setembro de 2019, que non teña sido subvencionado ou recibise unha bolsa na súa totalidade anteriormente noutro certame, nin editado na súa totalidade en calquer soporte. Respecto do tema e da técnica, ambos son libres. A este respecto Vítor Nieves, coordinador do premio e curador da exposición e Xosé Lois Vázquez, director do Outono Fotográfico e editor do libro, resaltan o obxectivo do Premio: “promover a fotografía contemporánea e as cuestións éticas que prantexa, en xeral, a arte contemporánea con respecto ás formas de dominación e a imposición de límites ao pensamiento. Promover a creación dun espazo fotográfico en Galiza que complemente ao creado durante máis de tres décadas polo Outono Fotográfico mediante o incentivo de propostas de carácter visual-fotográficas por parte de autores/as tanto nacionais como extranxeiros”.

 

O director del festival galego de fotografía, Xosé Lois Vázquez e o director xeral de Políticas Culturais Anxo Lorenzo, na presentación.

 

O Premio Galicia de Fotografía Contemporánea está dotado cun único premio que consiste na produción dunha exposición que se inaugurará en xaneiro de 2020 en Lugo e que itinerará durante dous anos polas 7 cidades galegas nas salas de Afundación, así como por Portugal e algunhas localidades do resto do Estado Español. A edición do libro co traballo gañador dentro da colección OF, completa o galardón.

O prazo de presentación das obras rematará o 5 de novembro e os proxectos enviaranse a través da ficha habilitada para esta convocatoria en www.outonofotografico.com ou por correo postal a Difusora de Letras Artes e Ideas no enderezo que se especifica nas bases do Premio, dispoñibles no mesmo enlace. Entre os proxectos que se presenten, o xurado seleccionará tres, atendendo á linguaxe visual do autor, á calidade fotográfica e á contemporaneidade, que serán os finalistas. Os seus nomes publicaranse o 12 de novembro na web e nas redes sociais do festival. O nome do gañador será designado polo xurado 48 horas despois e publicado nas referidas canles.

Artigos relacionados

Back to top button