CulturaCulturaÚltima hora

O Outono Fotográfico pon en marcha a 35ª edición

Ábrese a convocatoria para o envío de propostas expositivas en torno á “Descrenza”
Imaxe desta edición do Outono Fotográfico.

Capitaneado por Benito Losada ao abeiro da Casa da Xuventude, o Outono Fotográfico nacía na cidade de Ourense no ano 1983, sendo un dos festivais de fotografía máis antigo do mundo (despois de Les Rencontres de la Photographie de Arlès, en Francia.

Logo do pasamento do seu creador, dende hai uns anos a organización ten traballado para a renovación do festival galego, e ademais de internacionalizalo, redimensionalo e actualizalo, tamén se converteu nun festival temático, xa que a programación de cada ano xira en torno a un concepto e reflexiona en cada exposición e en cada evento sobre o tema fixado, como foi en anos anteriores a “Identidade”, a “Periferia” ou “Dentro-Fóra”. Así, para este 2017 no que chega á 35ª edición a temática escollida é a “Descrenza” o eixo sobre o que lanzan a convocatoria para inscribir os traballos fotográficos que logo serán seleccionados para ser expostos formando parte da programación. En palabras de Xosé Lois Vázquez, o director do festival, a Descrenza “é a característica esencial da evolución, da ética e do coñecemento”.

A inscrición pode facerse on line na web do festival www.outonofotografico.com onde tamén segue aberta a convocatoria para o Premio Galicia de Fotografía Contemporánea.

Artigos relacionados

Back to top button