No outono como recurso para as terras da Galicia interior afóndase nas páxinas da edición de outubro do Periódico O SIL que está nos quioscos e librarías xa dende primeiros deste mes. Abórdase o valor dos froitos desta estación (comezando pola recén recollida uva ata as castañas e os cogomelos) e tamén nas súas posibilidades turísticas, tendo en conta a festival de cores das súas paisaxes de viñedos e bosques, a súa etnografía e patrimonio.
Hai xa iniciativas que, tendo en conta tamén o marco actual de crise económica, apostan polo outono como valor para desestacionalizar o turismo a través de diferentes propostas e experiencias.
Esta reportaxe abre ademais unha nova sección “Outono en…” coa que faremos un percorrido por diferentes concellos da Galicia interior durante esta estación.