CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O Pablo VI asume a xerencia da Escola Infantil Nosa Señora de Fátima, na Rúa

O xoves 15 de xullo ás 19 horas haberá unha xornada de portas abertas

 

Entrada da Escola Infantil. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Case dez anos despois de que pecharan as instalacións do colexio Nosa Señora de Fátima da Rúa, co conseguinte traslado do alumnado de Infantil e Primaria ao colexio Pablo VI, este centro asume a xerencia da Escola Infantil que permanece activa no recinto escolar de Fátima, ata agora xestinada polas relixiosas da orde.

Así, para o vindeiro curso 2021/2022, a nova Gardería Fátima abrirá as portas con novo persoal, novos proxectos e moita ilusión.

O prazo de matrícula xa está aberto e o vindeiro xoves 15 de xullo ás 19 horas haberá unha xornada de portas abertas para coñecer as instalacións, dirixida á poboación en xeral e en particular ás familias con nenos en idade infantil (de 1/2 ata os 5/6 anos).

 

 

Artigos relacionados

Back to top button