CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

O Pandigueiro visita Río cargado de castañas e de música

 

Numerosos nenos, acompañados polas súas nais e pais, desfrutaban na tarde deste 4 de xaneiro do “Conto do Pandigueiro dos bosques”, que se representaba no Centro Social desta vila. O relato poñíao o escena dun xeito moi divertido e interactuando cos máis pequenos o grupo de teatro da Asociación Cultural A Caniceira de Trives.

Non faltaban tampouco as castañas, que traía este personaxe lendario do Nadal galego, nin a música e o baile tradicional. Esta actuación formaba parte da programación de Nadal do concello de San Xoán de Río

Fotos cedidas polo Concello de San Xoán de Río.

Artigos relacionados

Back to top button