OurenseÚltima hora

O parque acuático do Complexo Deportivo de Monterrei abrirá mañá con entrada gratuíta

 

As instalacións do parque acuático do Complexo Deportivo de Monterrei, no concello ourensán do Pereiro de Aguiar, abrirán ao público mañá, mércores día 9, poñéndose en marcha as piscinas infantil, relax e de ondas, así como a zona splash, o acceso independente, vestiarios e aseos.

Así o anunciaba o vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, na visita que realizaba ao parque acompañado polo secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitaba hai uns días

Segundo indicou Diego Calvo, a entrada será gratuíta para todo o público, co fin de compensar o feito de que nesta campaña de verán as piscinas abran de xeito parcial. O vicepresidente primeiro mostrou o convencemento de que na época estival de 2024 se poderá desfrutar da primeira fase ao completo. Isto suporá engadirlle á oferta dúas novas zonas con tobogáns, mentres que a segunda fase estará xa en execución. Cómpre salientar que esta primeira apertura estará independizada do resto da obra, que segue o seu curso de cara a rematar tamén as outras tres fases do complexo acuático. Durante a execución das obras poderanse utilizar en todo momento as instalacións xa existentes ou finalizadas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button