OurenseÚltima hora

O partido benéfico contra o cancro de mama disputado en Ourense recada 2.245 euros para a AECC

 

Con motivo do Día Mundial contra o Cancro de Mama, a asociación española contra o cancro de Ourense puxo en marcha a campaña “O rosa é máis que unha cor”, que tivo lugar a finais de outubro cun partido benéfico contra o cancro de mama disputado entre o EFF Rosalía e o equipo Mulleres de Ourense no campo de fútbol municipal de Oira, polo que conseguiuse unha recadación de 2.245 euros. Toda esa recadación foi orixinada pola venda das entradas, participación dos patrocinadores, dos colaboradores e a fila cero.

Na mañá o martes 19 de decembro procedíase á entrega da recadación na sede provincial da Asociación cunha gran participación. No acto, o presidente da asociación Germán Rodríguez-Saá, asegurou que “con iniciativas como este partido benéfico, a nosa sede provincial en Ourense apóiase e apoiarase os próximos anos en investigación, prevención, diagnóstico precoz e equidade, que son as puntas de lanza fronte ao cancro. Actividades como esta axúdannos a reforzar cada unha destas variables e a celebrar os avances que estamos a conseguir fronte á enfermidade. Agradezo a implicación a todos e todas polo seu tempo, o seu agarimo e a súa constancia para axudarnos nos nosos obxectivos.”

Ademais de Rodríguez-Saá, na entrega do cheque estiveron presentes Yuse Vázquez, vicepresidente da EFF Rosalía; Jorge Pumar, deputado provincial da Deputación de Ourense; Armando Ojea, tenente-alcalde do Concello de Ourense; Ana Fernández, Noa Rouco e Tamara Silva, concelleiras do Concello de Ourense e xogadoras; Natalia González e Alba Iglesias, concelleiras do grupo municipal do PSdeG-PSOE e xogadoras; Inmaculada Moreiras e Sonia Ogando, concelleiras do grupo municipal do PP; Erea Blanco, concelleira do grupo municipal do BNG; Diego Sotelo, secretario do clube Ourense CF; dúas representantes do corpo de policía local de Ourense e xogadoras.

Artigos relacionados

Back to top button