O CD Barco xa ten horario para disputar o partido de play off de ascenso a 2ª División B contra o SD Compostela no Estadio Municipal de Balaídos. Tal e como o anunciaba a Real Federación Española de Fútbol (RFEF) no día de onte, o partido dará comezo ás 19:30 horas do sábado 18 de xullo.
A outra semifinal entre o Ourense CF e Arosa SC disputarase o domingo 19 de xullo á mesma hora. Mentres que a final tamén será á mesma hora, pero do sábado seguinte, 25 de xullo.