CD VianaDeportesFútbolÚltima hora

O partido dos xuvenís e amigos do CD Viana abren os actos do 50º aniversario do club vianés

 

Por fin chegou o día. Na tarde deste caluroso sábado 27 de xullo, o Campo das Carrelas está a ser testemuño da celebración do 50º aniversario do CD Viana. Un club que nacía polo mes de xuño de 1974 e que neste 2024 proclamábase campión de liga ascendendo a Primeira Futgal.

 

 

O campo abría en torno ás 17:30 horas con inchábeis para os máis pequenos e de seguido comezaba o partido dos xuvenís e amigos do CD Viana, o primeiro acto do programa de celebración no que o equipo séniro recibirá o trofeo de campión da tempada 23/24 por parte do delegado provincial da Federación Galega de Fútbol.

 

 

Tamén haberá un partido dos Veteranos contra o equipo sénior, entrega de obsequios a expresidentes do club, proxeccións, exposición de copas e trofeos e unha cea no propio campo, rematando a festa con copas e a música dos djs Millenial e Josete.

Fotos: O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button