A Pobra de BrollónConcellosÚltima hora

O pasarrúas da charanga El Tatoo ameniza as prebadaladas na Pobra de Trives

 

Dun xeito moi orixinal despedían o ano na Pobra de Trives. Facíano un día antes, o venres 30 de decembro pola tarde cun animado e colorido desfile de zancudos polas rúas da vila que remataba na praza do Reloxo cunha chocolatada para todos os asistentes.

 

 

De seguido era o turno da ambientación musical de Nadal que corría a cargo da recentemente creada charanga El Tatoo que actuaba en Trives trala súa estrea unha semana antes en Maceda.

O fin de festa, xa pola noite, corría por conta do grupo de versións Los Íñigos que daban un concerto no casco vello facendo bailar e cantar ao público.

 

 

Fotos: Concello da Pobra de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button