En portadaÚltima hora

O Paseo do Malecón do Barco estará cortado ao tráfico hoxe á altura da pasarela do Salgueiral

Será con motivo dunhas obras que se están a realizar nese punto

Publicidade

 

Con motivo dunhas obras que se están a realizar no Paseo do Malecón do Barco, á altura da pasarela que conecta esta zona co Salgueiral, vai permanecer cortada ao tráfico a estrada que pasa por este punto durante o día de hoxe venres 30 de setembro.

Ademais, vaise a proceder a habilitar, por parte da Policía Local, temporalmente (durante aproximadamente un día) cambios de dirección na cercana rúa Academia Dequidt, para que a veciñanza poida utilizar os garaxes e os establecementos comerciais da zona sen problemas.

Así, por exemplo, para poder acceder a servizos como a Notaría, os condutores terían que entrar pola rúa da Estación e saír pola rúa Irmáns Dequidt a Pérez Lista. Estará todo sinalizado e afectará ao venres todo o día.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button