Na tarde deste sábado 24 de maio, en plenas Festas de Santa Rita, o pavillón barquense de Calabagueiros acollía a clausura do baby básket provincial 202472025. Toda unha festa do baloncesto infantil no que se daban cita máis dun cento de cativos de dez clubs de toda a provincia de Ourense.





Como anfitrión, o MV Barco foi o organizador do evento, en colaboración coa Federación Galega de Baloncesto e o Concello do Barco de Valdeorras, participando ademais os clubs de Celanova, Blanco Amor, BBALL Ourense, Miraflores, Depordima, Val de Lemos, Xinzo, Allariz e Ribadavia, algúns con varios equipos e os seus correspondentes monitores.




A xornada, comezaba arredor das 15:30 horas con dous partidos: Celanova-Blanco Amor na pista 1 e Blanco Amor-Miraflores na pista 2. E a partires de aí, fóronse sucedendo os encontros, dous cada media hora ata preto das sete con foto oficial e entrega de medallas.


Fotos: Carlos G. Hervella.



