En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O Pazo do Castro (O Barco), entre as paradas do VII Rally Turístico Terras do Incio

Neste mediodía podían verse neste Hotel Monumento auténticas xoias sobre dúas rodas de marcas como Porsche, Maserati ou Aston Martin

Na mañá do 4 de xullo os pilotos e copilotos que están a participar no VII Rally Turístico Terras do Incio facían parada, un ano máis, no Hotel Monumento Pazo do Castro (O Barco). Esta edición comezaba onte en Astorga e nela participan arredor de 30 vehículos, chegados de diferentes partes de España, Portugal e mesmo Francia.

A partir de agora o rally continuará cara Lugo, O Incio, Friol, Arzúa e finalizará en Santiago de Compostela. A ruta tamén seguirá por Pontevedra e Vigo. Entre este clásicos figuran varios Porsche, Jaguar, Aston Martin, Maserati ou Ford.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button