AutomobilismoDeportesÚltima hora

Un total de 102 equipos tomarán a saída este venres no 29º Rally do Cocido

Senra no Rally do Cocido de Lalín 2024.

 

O Campionato Xunta de Galicia de Rallyes-Recalvi arrinca este venres 7 de marzo na localidade pontevedresa de Lalín con motivo da celebración da 29º edición do Rally do Cocido, unha das probas máis emblemáticas do calendario autonómico.

Finalmente serán 102 os equipos que tomarán a saída na competición de estrea da tempada 2025 nos rallyes galegos, coa presencia dos principais favoritos ao título e con Víctor Senra e Moncho López como principais candidatos no seu novo Hyundai I20N WRC recén chegado a Galicia dende a factoría da marca coreana situada en Alemaña. Ademáis de Senra e López haberá outros dous vehículos WRC na saída situada en pleno corazón da capital do Cocido. Alberto Otero e Jordán Vázquez participarán cun Mini WRC ex Dani Sordo e Jorge Pérez Alonso e Manuel Raido nun Ford Fiesta WRC ex Craig Breen.

Ademáis, seis serán os equipos que participarán no Supercampionato R5, con Alberto Meira e Avelino Martínez e Daniel Berdomás e Brais Mirón como firmes aspirantes ao triunfo neste formato e tamén na proba.
Tamén estará presente o Clio Trophy Galicia, que afronta a súa terceira tempada na comunidade galega e con xa sete equipos inscritos.

Itinerario Horario 29 Rali do Cocido

Completan o elenco de formatos promocionais as Copas Top Ten Pirelli, o Volante FGA, a Pirelli AMF e o Criterium Recalvi nun fin de semana que terá actividade dende o mediodía coas verificacións na carpa do Campo da Feira de Lalín. No mesmo lugar terá lugar a cerimonia de saída, a partir das 20:30 horas e en formato inverso.

A cerimonia de saída será retransmitida de forma íntegra a través da canle de Youtube da FGA. Outra das novidades desta tempada 2025 será a estrea do novo vehículo ‘0’ da FGA, que será un Toyota Yaris GR cedido polo Grupo Breogán Motor.

Para o sábado 10 treitos cronometrados que darán comezo ás 8 horas coa primeira pasada por O Couto. O primeiro participante chegará ao centro Comercial Pontiñas ás 21:50 horas da noite.

Os afeccionados poden acceder a información da proba a través do sportity: COCIDO25.

Artigos relacionados

Back to top button