ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O Pazo do Castro (O Barco) recibe un ano máis aos clásicos do VI Rally do Incio

25 coches de luxo participan este ano na ruta turística que comezaba de Astorga e rematará en Asturias

Jaguar, Ferrari, Maserati ou Porsche, son só algunhas das icónicas marcas dos 25 clásicos que entre o 4 e o 9 de xullo participan na VI edición do Rally Turístico Terras do Incio.

Da man dos seus promotores, Andrés Castro e Pilar Debelius, a ruta arrancaba coma sempre dende Astorga, percorrendo no seu traxecto parte da provincia de León antes de adentrarse en Galicia por Valdeorras, desfrutando asemade da cultura, as paisaxes e a gastronomía de cada recuncho.

Na mañá do 5 de xullo os pilotos e copilotos chegados dende diferentes partes de España (Barcelona, Logroño, Zaragoza, Ibiza, Palma de Mallorca,…) facían parada, un ano máis, no Hotel Monumento Pazo do Castro. Alí permanecían expostas estas xoias do motor, antes de continuar o percorrido rumbo a Lugo onde serán recibidos polas autoridades diante da Deputación. De aí partirán a Ribadeo con visita ás Catedrais e á festa indiana incluída, facendo a primeira incursión en Oviedo (Asturias), onde rematará este ano a ruta turística.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button