Logo do acto inaugural das novas instalacións de Cafersa en Riodolas (Carballeda de Valdeorras), que incluía unha visita guiada por esta innovadora fábrica, o peche deste acto tiña lugar no Pazo do Castro (O Barco). Aí tiñan lugar unha serie de intervencións tanto de representantes da empresa, como é o caso do seu xerente, Daniel León, como das autoridades presentes.

Así tomaban a palabra a alcaldesa de Carballeda, María Carmen González; o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos; o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor; e xa clausurando o acto, o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández.
Fotos: O SIL.



