Malia tocar outras comarcas como Valdeorras ou Quiroga, no sur de Lugo, Terras de Trives foi sen dúbida a gran protagonista da etapa de montaña da XXI Volta Ciclista a Galicia que se celebraba na xornada deste sábado 16 de setembro.
O pelotón, formado por ciclistas de 16 equipos (8 deles galegos), partía da estrada principal da Pobra de Trives, diante do Concello pasando polos concellos de Larouco e Petín rumbo á Rúa onde estaba a primeira meta volante. Xa de regreso, os deportistas volvían pasar polo concello de Larouco rumbo nesta ocasión a Quiroga e Ribas de Sil. Tamén pasaban polos concellos de San Xoán de Río, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa e novamente Trives antes de ir ata a vila de Manzaneda e baixar outra vez ata a meta na rúa Marqués de Trives.
Nesta galería de imaxes tomadas por Teodoro Suárez podemos ver o colorido pelotón pasando por dous puntos deste percorrido polas Terras de Trives.
Máis información e fotos: