Trala contralexo do sábado e a segunda etapa con saída na Pobra de Brollón, a XXI Volta Ciclista a Galicia chegaba á terceira etapa pola provincia de Ourense, con saída e meta na Pobra de Trives.
Ás 12 horas deste sábado 16 de setembro e segundo o previsto, as autoridades entre as que estaban a alcaldesa de Trives Patricia Domínguez, o concelleiro de Deportes Fermín Santoveña, o delegado da Xunta en Ourense Gabriel Alén e o presidente da Federación Ciclismo Galego Juan Carlos Muñiz, cortaban a cinta de saída na rúa Eumenio Ancochea, diante do Concello.
A partir de aí tomaba a saída o pelotón da proba organizada pola Federación Ciclismo Galego (FCG) na que participan con dezaseis equipos, oito deles galegos, comezando así un percorrido montañoso co que se homenaxea a Gustavo César Veloso, un dos grandes referentes do ciclismo autonómico durante as dúas últimas décadas.
No km 6,2 xa se coroaban o primeiro porto do día, o Alto da Ermida (3ª categoría) no concello de Larouco. A seguinte dificultade montañosa era o Alto da Moá, de 8 km de lonxitude e un desnivel medio do 8,9%, e a etapa concluirá na subida de 3ª categoría A Pobra de Trives, onde a liña de meta estará situada no centro da vila. A tirada rematará ao redor das 15:15 horas.
Chandrexa de Queixa e A Rúa exerceron de Metas Volantes completando o itinerario os concellos de Manzaneda, Castro Caldelas, San Xoán de Río, Rivas do Sil, Quiroga e Petín.
Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis fotos:
A Rúa, unha das metas volantes da XXI Volta Ciclista a Galicia