En portadaÚltima hora

O Periódico O Sil adiántase ao 50 aniversario do C.D. Rúa coa edición do póster da tempada 18/19

Publicidade

As fotos dos equipos benxamíns están publicados no número de decembro de O Sil Deportivo

En marzo de 2019 o Club Deportivo Rúa cumprirá 50 anos. Medio século de historia que atesoura un sinfín de historias, anécdotas, xogadores e xente implicada co equipo. A esa conmemoración está adicado o tema de portada do número de decembro de O Sil Deportivo, unha ampla reportaxe sobre a o pasado, o presente e o futuro dun dos clubs con máis tradición da comarca de Valdeorras.

E como recordo desta tempada 2018/2019 na que celebran o 50 aniversario, O Periódico O Sil editou un póster a toda cor con catro planteis do club: o equipo sénior, o cadete, o infantil e o alevín. O club tamén conta con dous equipos benxamíns cuxos planteis saen publicados nas páxinas da reportaxe.

Tanto o número de decembro de O Sil Deportivo como o póster, están xa á venda en quioscos e librarías.

Artigos relacionados

Back to top button