DeportesEnduroÚltima hora

O piloto barquense Diego Teixeira comeza a tempada de hard enduro nacional na máxima categoría

A primeira proba do Campionato de España disputábase en La Pesquera (Cuenca)

Diego Teixeira./ Foto cedida.

 

Na fin de semana do 13-14 de xaneiro Diego Teixeira comezaba en La Pesquera (Cuenca) o Campionato de España de Hard Enduro 2024. “Este ano subiu o nivel de dificultade da carreira comparado cos anos anteriores”, conta o piloto barquense, que nesta nova tempada compite na máxima categoría con pilotos profesionais.

A nivel técnico, a carreira “tiña moitas subidas e baixadas moi técnicas nas que había que baixarse da moto porque con tanta inclinación un mínimo fallo ías para abaixo e podías mancarte ou danar a moto e quedar fóra de carreira”, explica Diego, engadindo que comezou na primeira grella ao clasificarse o sábado na 13ª  posición das 90 motos participantes.

E xa o domingo “despois de 3 horas e 16 minutos de carreira extrema puiden remontar ata a 8° praza scratch co cal estou moi contento por ser a miña mellor posición desde que compito ao máximo nivel de España”, di Diego.

A seguinte carreira será en Cantoria (Almería) os días 10 e 11 de febreiro e aí Teixeira intentará loitar para manterse no top 10 de España.

Artigos relacionados

Back to top button