DeportesEnduroÚltima hora

O piloto barquense Jorge Paradelo, campión da Liga Galega da Moto de Campo

A última carreira de enduro disputábase esta fin de semana en Salceda de Caselas. Unha semana antes o valdeorrés remataba o Campionato de España de Enduro 2, no quinto posto

 

A carreira de Salceda de Caselas (Pontevedra) organizada polo Moto Club Tamancas, pechaba esta fin de semana o campionato de enduro na Liga Galega da Moto de Campo, co piloto barquense Jorge Paradelo (Núñez Motor) no alto do podio cunha carreira menos.

Nesta edición, aínda marcada pola pandemia, a competición tivo que adaptarse á situación sanitaria constando de seis carreiras (Piñor, dúas en Rois, Tui, Abegondo e Salceda) e en todas, menos a de Tui na que non participou, o piloto valdeorrés liderou a clasificación na categoría elite. Outro barquense, Diego Teixeira (Rúa Motor), era oitavo.

Este título poñía o broche de ouro á tempada de Paradelo que unha semana antes remataba en Almería o Campionato de España de Enduro 2 nun meritorio quinto posto.

 

Artigos relacionados

Back to top button