DeportesEnduroÚltima hora

O piloto barquense Jorge Paradelo, no mundial de enduro “Noco FIM 6 Days 2024 Spain”

Os pilotos galegos./ Foto: Instagram de Jorge Paradelo.

 

Galicia e de forma especial a localidade pontevedresa de Silleda está sendo o escenario dos Noco FIM 6 Days 2024 Spain. A carreira, considerada como as Olimpíadas do Enduro, que comezaba o luns 14 de outubro e non rematará ata o sábado día 19.

A cerimonia de inauguración tiña lugar na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, coa Catedral ao fondo e estase a disputar en tres provincias galegas: Pontevedra, Ourense e A Coruña. O primeiro día a proba celebrarase en Santiago, o segundo na Estrada, o terceiro en Silleda, o cuarto en Lalín, o quinto no Irixo, e finalmente, o último día disputarase a proba de motocros no Recinto Feiral da Semana Verde en Silleda.

Ao redor de 600 pilotos de 30 países participan neste épica carreira de enduro. E formando parte do equipo galego está o barquense Jorge Paradelo co dorsal 474. Xa ten participado noutros mundiais e nos tres días que leva de competición está facendo moi bos tempos.

 

O piloto barquense antes de comezar a carreira./ Foto: Instagram de Jorge Paradelo.

Artigos relacionados

Back to top button