Hai oito meses, e con 7 anos, Leo Pérez Pereira subíase por vez primeira a un kart e debutaba no Campionato de Karting de Castela e León na categoría Rookie. Na primeira carreira, en Cabañas Raras en febreiro, xa se subía ao podio cun segundo posto. A partir de aí, este piloto barquense encadeaba vitorias e liderada a clasificación ata que na antepenúltima carreira do calendario, en El Silvar, sufría unha rotura no motor e non lograba puntuar.
O calendario da competición completábase o 27 de outubro en Castroponce, onde malia a súa boa actuación e a rozar a vitoria, unhas milésimas de segundo e un só punto afastábano do título. Aínda así, este xovencísimo piloto barquense lograba o subcampionato e asombraba nestes meses polo seu talento e calidade.
A súa intención é continuar na competición no 2020 con novos retos. Antes, o vindeiro 24 de novembro, tomará a saída nunha proba do campionato de inverno con pilotos da categoría superior.
Fotos: Racers.